Número de libros encontrados: 12
Moita froita
A profe Lola/ trouxo froita para a escola... Un libro de aprendizaxe temperá con vistosas fotografías e un texto simple e rimado para recoñecer as froitas e as súas cores e aprender como se denominan en galego, portugués, castelán e inglés...
Francisco Fernández del Riego. O legado silandeiro
Francisco Fernández del Riego (1913-2010) foi o principal dinamizador do galeguismo cultural tras o abrupto corte que supuxeron a Guerra Civil e a posguerra...
Xestas olímpicas
Desde que en 1896 se celebraron as primeiras olimpíadas modernas, podemos atopar en todas elas historias de a cabalo entre a realidade e a lenda, fazañas prodixiosas que elevan a quen as protagonizaron á categoría de heroes e heroínas con letras maiúsculas, polos logros acadados ou porque as súas proezas abrían camiños antes inconcibibles...
Florencio Delgado Gurriarán. Polos vieiros da saudade
Florencio Delgado Gurriarán (1903-1987) destacou como poeta, e segue a ser o autor máis representativo da súa Valdeorras natal. Pero foi tamén articulista, crítico literario, coordinador editorial, lexicógrafo, tradutor, corrector...
Ricardo Carvalho Calero. A pegada do compromiso
Ricardo Carvalho Calero é unhas das figuras de obrigada referencia na historia do idioma galego: como investigador, como autor literario e como docente e promotor da nosa lingua nos diferentes ámbitos, espazos e contextos de uso...
Kusuma
Kusuma é unha faisán femia procedente da remota selva de Kaltim, que se ve obrigada a marchar do lugar en que sempre viviu debido á acción destrutiva do ser humano...
Nova Nursia
Rosendo Salvado Rotea (1814-1900), fillo dunha das familias máis poderosas de Tui, renunciou a unha vida de riqueza e comodidades para seguir a carreira eclesiástica e marchar de misioneiro a Australia, un territorio practicamente inexplorado naquela altura...
Once portas
O día da Ascensión do ano 1929 o mozo Guillerme Cardelle achégase á Alameda de Santiago de Compostela para desfrutar da xornada festiva. Cando decide entrar no gabinete do mago Bunda, dotado de supostos poderes proféticos e divinatorios, non pode imaxinar que o que alí escoite lle cambiará a vida para sempre...
A caixiña dos rancores
A xuíza Felpeto, acabada de chegar á localidade costeira de Valdomar, revoluciona a vila coas súas orixinais sentenzas. Cando Estevo é obrigado a pasar todo o verán visitando a Chiruca, a anciá a que atropelara co seu ciclomotor, imaxina unhas soporíferas xornadas aturando as historias daquela muller que cruzara polo paso de cebra sen mirar...
Quen dá a quenda?
Agochada nunha mesta fraga está a cabana na que desde hai máis dun século ten o seu consultorio a meiga Divina. Ata aquí veñen clientes das máis diversas procedencias...
De remate
De remate é unha novela tremendamente singular no xeito de narrar. Está construída fragmentariamente a través das columnas de opinión do seu protagonista, o xornalista Bieito Sanmarful, complementadas con textos pertencentes ao seu diario íntimo e outros materiais de diversa procedencia: correos electrónicos, anotacións en blogs, poemas, documentos oficiais...